En repertorio
Volpone
Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.
O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte coa fin de enganar aos que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca , ser os seus únicos herdeiros.
Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción.
Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson, escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de 11 actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.
Pelos na lingua
Despois do éxito de Bicos con lingua e ante a situación conflitiva do idioma nestes momentos, decidimos afrontar de novo un espectáculo que invite á reflexión pero sen esquecer o humor e a ironía.
Un espectáculo áxil, dinámico e fresco para maiores de 13 anos.
Ver ficha completaPalabras encadeadas
Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío.
Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.
Ver ficha completaValentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)
Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, á abandoado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino.
Coñeceranse alí, e xuntos agardarán pola carruaxe que vai a Milán para pedir auxilio. Xuntos pasarán a tarde, a noite e verán chegar un novo día. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coa que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pele, das relixións e das posicións sociais.
Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.
Ver ficha completaBicos con Lingua
Espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega.
Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante.
Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.
Mundos contados (contacontos)
Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.
Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes.
De entre todos eses mundos, Sambas vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias.
Son, polo tanto, mundos contados, mundos que existen desde hai moito tempo.
Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos.
Xa se sabe, mentres hai memoria, hai esperanza.
Menos Lobos
Jennifer, Jonathan e Christopher son tres nenos de sete anos que van á casa da súa amiga Jessica a celebrar o seu cumpreanos, pero atópanse coa noticia de que o cumpreanos é ao día seguinte.
Que facer...? Pois xogar a calquera cousa con tal de non aburrirse. Pero... a qué? Pois por exemplo ... a representar un conto, un conto onde haxa lobos!
Espectáculo áxil, onde o ritmo trepidante dos seus diálogos consegue manter en todo momento a atención do público infantil.
E ti, quen vés sendo?
Un fato de “persoas sen teito” vai representar unha versión do Anfitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida. Por un desencontro coa dirección da institución asistencial deciden seguir os ensaios pola súa conta.
Reunidos no lugar no que se acochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso da montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños.
Ver ficha completa







.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
_1.jpg)
_1.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)