E ti, quen vés sendo?

  • 1 hora e 23 minutos
  • comedia
  • Galego
  • N.R.M. 13 anos
Autores

Cándido Pazó

Sinopse

Un fato de “persoas sen teito” vai representar unha versión do Anfitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida. Por un desencontro coa dirección da institución asistencial deciden seguir os ensaios pola súa conta.

Reunidos no lugar no que se acochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso da montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños.

Elenco

Toño Casais, David Creus, María Ordóñez, Dani Trillo, Gustavo G. Dieste, Artur Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, Diego Rey e Xurxo Barcala

Equipo artístico e técnico

Escenografía
Carlos Alonso
Vestiario
Carlos Alonso e Belén G. Pichel
Maquillaxe
Martina Cambeiro
Iluminación
Afonso Castro
Diseño Gráfico
Sergio Lago
Fotografía
Javier Amosa
Axudante de dirección
Belén G. Pichel
Dirección
Cándido Pazó

Datos técnicos

Espazo escénico
8m. (ancho) x 4m. (altura) x 6m. (fondo)
Potencia
14.000 w.
Montaxe/Desmontaxe
8 h./2 h.