Carta urxente para Máximo Toxo
- 45 minutos
- Comedia
- Galego
- Infantil e familiar (6 a 11 anos)
- Autores
Diego Rey
- Sinopse
Preséntovos a Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas). O seu carácter rosmón e antipático, e a súa alerxia ao contacto con outras persoas, fan del un verdadeiro ogro, alleo a todo o que acontece máis alá da súa vivenda.
Por outro lado atoparedes a Belinda, que traballa como carteira, aínda que con ansias de progresar. É unha muller alegre e chea de vitalidade, algo inxenua (máis ben un pouco parva), e sempre confía na xente que a rodea.
Aínda que Belinda reparte o correo pola veciñanza de Máximo Toxo, nunca tivo ocasión de coñecelo… ata hoxe. O xefe de Correos fíxolle un encargo a Belinda: entregarlle ao señor Toxo unha carta importantísima en persoa.
Que pasará cando tales personaxes se atopen?
Comedia infantil e acrobática para ver en familia, chea de saltos, golpes, viravoltas, gritos, parvadas e trangalladas, que fai unha reflexión sobre a soidade e os seus perigos.- Elenco
Marta Ríos
Dani Trillo
Equipo artístico e técnico
- Espazo Escénico
- 5a X 2,5h x 4f
- Escenografía
- Diego Rey
- Vestiario
- Martina Cambeiro
- Maquillaxe
- Martina Cambeiro
- Iluminación
- Dani Trillo
- Diseño Gráfico
- Dani Trillo
- Fotografía
- Rubén Prieto
- Axudante de dirección
- María Ordóñez
- Dirección
- Diego Rey
- Realización do vestuario
- Cloti Vaello
Datos técnicos
- Potencia
- 15.000w
- Montaxe/Desmontaxe
- 4 h/ 1 h.