Talía Teatro oferta "Pelos na lingua" para os centros de ensino
Publicado o Xoves, 22 de Setembro do 2011Queremos poñer o noso último espectáculo, Pelos na lingua, ao servizo do profesorado, xa que consideramos que se trata dunha ferramenta didáctica de grande utilidade para traballar contidos relacionados coa sociolingüística (lingua minorizada e lingua minoritaria, a presenza da nosa lingua en distintos ámbitos, os múltiples e variados prexuízos lingüísticos, a relación linguamocidade ou lingua-poder, etc.).
A situación lingüística amósase desde unha perspectiva pouco académica, pero favorece a reflexión do alumnado sobre diferentes aspectos relacionados coa lingua.